
No corazón de Noia, a tenda de Modas Clavel leva desde 1983 sendo un referente de estilo e tradición. Ester, a nai de Elena tiña un taller de texer xa de solteira que posteriormente sería unha tenda. Elena, que levaba no sangue a paixón pola moda Española de calidade dende os 13 anos, decidiu seguir os pasos da súa nai. As fins de semana, Elena axudaba na tenda mentres estudaba, aprendendo o oficio e desenvolvendo unha paixón que a acompañaría toda a vida. A familia vivía sobre a tenda, o que convertía cada día nunha lección de xestión de negocio e amor pola moda.
No 2009, a tenda someteuse a unha importante reforma, modernizando a súa imaxe sen perder a esencia que a convertera nun lugar querido polos veciños. Dende entón, Modas Clavel soubo adaptarse aos cambios da sociedade, afrontando desafíos coma a pandemia do COVID-19 e os constantes cambios, sempre co compromiso de ofrecer o mellos aos nosos clientes.
Hoxe, Modas Clavel segue sendo máis ca unha tenda de roupa, é un símbolo de resilencia, innovación e tradición, onde cada peza conta unha historia e cada cliente é parte da nosa familia.